Plataforma en Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas
TREN DE PROXIMIDADE XA !
O Tren de Proximidade é posible >>>>>>>>>>
Imaxinades poder chegar dende Pontedeume, Miño, Betanzos, Cambre, O Burgo, Monforte de Lemos, Lugo, Rábade, Baamonde, Guitiriz, Curtis, Teixeiro, Cecebre, Oza dos Ríos... e tantas paradas que poderían ser accesibles ao Campus Elviña á Universidade, a Coruña ao traballo, ou a disfrutar do ocio no tren? É posible.
Temos vías, queremos Cercanías !
O TREN DE PROXIMIDADE É POSIBLE
​
ABRE O MAPA DO PERCORRIDO E COAS PARADAS QUE PODERÍA TER UN TREN DE CERCANÍAS NA COMARCA DA CORUÑA E FERROLTERRA
<<<<<<<<<<<<<<<<
A Plataforma do Tren A Coruña e As Mariñas está formada por diversos colectivos sociais que demandan melloras no tren convencional, o tren que utilizamos no día a día. Demandamos a implantación do tren de Proximidade (Cercanías) na liña
A Coruña-Ferrol, como elemento esencial da mobilidade sostible na comarca das Mariñas.
O tren de debe seguir sendo un medio de transporte público, social e sostible, para persoas e mercadorías.
​
Queremos tren de calidade, queremos un transporte público que vertebre Galicia con frecuencias e servizo digno . Denunciamos a precariedade da estructura do Ferrocarril, as malas frecuencias, a falta de accesibilidade.
​
Participa connosco nesta reivindicación !
Escríbenos para informarte das nosas actividades.
Público e social
Proximidade
Sostible